Jacqueline du Pré
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1945 Oxford, Reino Unido |
Morte | 19 de outubro de 1987 (42 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | Esclerose múltiple |
Lugar de sepultura | Golders Green Jewish Cemetery (en) |
Educación | Guildhall School of Music and Drama (en) Croydon High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | violoncellista |
Período de actividade | 1961 - 1973 |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Pau Casals, Paul Tortelier, Mstislav Rostropovich e William Pleeth (pt) |
Alumnos | Anssi Karttunen (pt) |
Instrumento | Violoncello e Davidov cello Stradivarius (en) |
Selo discográfico | EMI |
Familia | |
Cónxuxe | Daniel Barenboim (1967–1987) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC A historical dictionary of British women (en) , (p.142) |
Jacqueline Mary du Pré, OBE, nada en Oxford o 26 de xaneiro de 1945 e finada en Londres o 19 de outubro de 1987, foi unha violoncellista británica, unha das máis prestixiosas do século XX.[1]
Esposa e compañeira musical do pianista e director arxentino Daniel Barenboim, tivo que retirarse á idade de 28 anos (en 1973) debido á esclerose múltiple que produciu a súa morte catorce anos máis tarde, cando só contaba 42 anos. Foi condecorada como oficial da Orde do Imperio Británico en 1976 e a súa interpretación do Concerto para cello de Edward Elgar é considerada referencial.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada nunha familia culta, Jacqueline du Pré era a mediana dos fillos do matrimonio. Tiña catro anos cando escoitou o cello por primeira vez, na radio. A partir dese instante o son do instrumento non a abandonou. Comezou a tomar leccións de música coa súa nai Ire du Pré. Dous anos máis tarde, empezou a recibir leccións en Londres, competindo musicalmente coa súa irmá Hilary, quen tocaba a frauta traveseira. Aos dez anos gañou un premio nun concurso internacional,[2] e aos doce realizou ao seu primeiro concerto na BBC de Londres.
Estudou con William Pleeth na Guildhall School of Music and Drama en Londres, con Paul Tortelier en París, con Mstislav Rostropovich en Rusia e con Pau Casals en Suíza.
Durante toda a súa carreira, du Pré tocou xunto con orquestras e solistas prestixiosos. Destacouse a súa interpretación do concerto para cello de Elgar xunto á Orquestra Sinfónica de Londres baixo a dirección de John Barbirolli en 1965. Para esta interpretación empregou un Stradivarius denominado Davidov de 1712 que lle foi ofrecido pola súa madriña e admiradora Ismena Holland.
A súa amizada cos músicos Itzhak Perlman, Zubin Mehta e Pinchas Zukerman e o seu matrimonio con Daniel Barenboim inspiraron un filme de Christopher Nupen. Os cinco denominábanse a eles mesmos como a mafia musical xudía.
No Nadal de 1966, Jaqueline coñeceu o pianista arxentino Daniel Barenboim; un ano despois, en 1967, casaron. Jacqueline converteuse ao xudaísmo para casar. O seu matrimonio foi unha das relacións máis frutíferas da historia musical, comparándose coa de Clara e Robert Schumann. Isto pódese constatar nos numerosos concertos que deu con Barenboim ao piano ou na dirección orquestral.
Catro anos máis tarde, en 1971, as capacidades de interpretación de Jacqueline diminuíron irreversibelmente cando a artista comezou a perder a sensibilidade e mobilidade dos seus dedos, debendo deter abruptamente a súa carreira, afectada pola esclerose múltiple.
No transcurso dos últimos anos da vida de Jacqueline, Daniel Barenboim instalouse en París coa pianista Elena Bashkirova. A súa doenza conduciuna finalmente á morte en Londres á idade de 42 anos. Daniel Barenboim estivo ao seu lado cando morreu. Ao ano do seu pasamento, en 1988, Barenboim casou con Elena, coa que xa tivera dous fillos, David (1983) e Michael (1985).
O seu violoncello, un Stradivarius Davidov 1712, foi adquirido por algo máis dun millón de libras pola Fundación Vuitton, que o deixou en préstamo ao violoncellista Yo-Yo Ma.[3]
Libro e filme
[editar | editar a fonte]O libro póstumo de memorias A Genius in the Family escrito polos seus irmáns Hilary e Piers du Pré serviu de argumento para a adaptación en 1998 do filme Hilary and Jackie, dirixido por Anand Tucker, que promoveu a popularidade do libro. O libro e o filme foron criticadao por facer sensacionalismo da vida privada de Jacqueline du Pré. No libro fálase dunha relación extramtrimonial co seu cuñado Christopher Finzi entre 1971 e 1972 cando foi visitar a familia de Hilary. Nunha entrevista, Finzi dixo que du Pré "o telefonou e pediulle que se pasase" para manter relacións sexuais.[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]Título | Editora | Ano | Compositor(es) |
---|---|---|---|
Cello Concerto in E Minor, Op.85 / Concerto for Cello and Orchestra | His Master's Voice | 1965 | Elgar, Delius |
Cello Concerto / Sea Pictures | His Master's Voice | 1965 | Elgar |
Concerto for Cello and Orchestra / Songs of Farewell, for Double Chorus and Orchestra / A Song Before Sunrise | Angel Records | 1966 | Delius |
Cello Sonatas No. 3 in A, Op. 69 / No. 5 in D, Op. 102 No. 2 | His Master's Voice | 1966 | Beethoven |
Haydn: Cello Concerto in C / Boccherini: Cello Concerto in B Flat | EMI, His Master's Voice | 1967 | Haydn, Boccherini |
Cello Concerto / Cello Encores - Bach, Saint-Saëns, Falla, Bruch | Angel Records, EMI | 1967 | Bach, Saint-Saëns, Falla, Bruch |
The Two Sonatas for Cello and Piano | His Master's Voice | 1968 | Brahms |
Haydn: Cello Concerto in D / Monn: Cello Concerto in G Minor | EMI, His Master's Voice | 1969 | Haydn, Monn |
Cello Concerto in A Minor / Cello Concerto No. 1 in A Minor | His Master's Voice | 1969 | Schumann, Saint-Saëns |
Trio No.7 in B Flat Major, Op.97 "Archduke" | His Master's Voice, EMI | 1970 | Beethoven |
Beethoven Trios No. 1 in E Flat Major. Op. 1. No. 1 / No. 3 in C Minor Op. 1. No. 3 | Vox Cum Laude | 1970 | Beethoven |
Dvořák: Cello Concerto in B Minor & "Silent Woods" Adagio for Cello & Orchestra | EMI, His Master's Voice | 1971 | Dvořák |
Favourite Cello Concertos | His Master's Voice, EMI | 1971 | Dvořák, Elgar, Haydn, Schumann |
Chopin: Sonata in G Minor / Franck: Sonata in A | Angel Records | 1972 | Chopin, Franck |
Cello Concerto, Op. 85 / Enigma Variations | CBS Masterworks | 1974 | Elgar |
Beethoven: The Five Cello Sonatas "Magic Flute" and "Judas Maccabaeus" Variations | His Master's Voice | 1976 | Beethoven |
Peter and the Wolf, Toy Symphony | Deutsche Grammophon | 1980 | Prokofiev, Leopold Mozart |
A Jacqueline Du Pré Recital | EMI, His Master's Voice | 1982 | |
Chopin: Cello Sonata in G Minor / Franck: Sonata in A | EMI | 1989 | Chopin |
Jacqueline Du Pré: Her Early BBC Recordings, Volume 1 | EMI | 1989 | Bach, Britten, Falla |
Jacqueline Du Pré: Her Early BBC Recordings, Volume 2 | EMI | 1989 | Brahms, Couperin, Händel |
Cello Concertos | EMI Classics | 1995 | Dvořák, Elgar |
Recital / Delius | EMI Classics | 1995 | Delius |
Don Quixote | 1996 | Strauss [5][6] | |
Cello Concertos | EMI Classics | 1998 | Haydn, Boccherini |
Jacqueline Du Pré: Her Early BBC Recordings 1961-1965 | EMI | 1999 | Bach, Britten, Falla, Brahms, Couperin, Händel |
Beethoven Piano Trios, Opp.1 & 97 "Archduke" | EMI Classics | 2001 | Beethoven |
The Genius of Jacqueline Du Pré | HMV Classics | 2001 | Bach, Beethoven |
Cello Concerto / Sea Pictures / Overture: Cockaigne | EMI Classics | 2004 | Elgar |
Dvořák, Ibert | BBC | 2004 | Dvořák, Ibert |
Elgar: Cello Concerto in E minor, Op.85, Bach: Cello Suites Nos.1 & 2 | Testament Records | 2005 | Elgar, Bach |
Elgar Cello Concerto | Sony Classical | 2006 | Elgar |
En DVD
- Remembering Jacqueline du Pré (1994), dirixido por Christopher Nupen
- Jacqueline du Pré in Portrait (2004), dirixido por Christopher Nupen
- The Trout (documental de 1970 estreado en DVD en 2005), dirixido por Christopher Nupen
- Jacqueline du Pré: A Celebration of Her Unique and Enduring Gift (2007), dirixido por Christopher Nupen
- Hilary and Jackie (1998), filme dirixido por Anand Tucker
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Heartstrings Arquivado 13 de novembro de 2017 en Wayback Machine.. (Zukerman, Eugenia). Washington Post, 25 de abril de 1999. Consultado o 18 de outubro de 2011.
- ↑ Easton, Carol (2000). Jacqueline du Pré: A Biography. Cambridge: Da Capo Press. ISBN 0-306-80976-1.
- ↑ McSmith, Andy (4 de abril de 2007). "Why do Stradivarius violins fetch so much, and are they worth it?". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2007. Consultado o 30 de xuño de 2007.
- ↑ Romantic Ideal
- ↑ Wilson, Elizabeth (1 January 1999). "Jacqueline Du Pré: Her Life, Her Music, Her Legend". Arcade Publishing – vía Google Books.
- ↑ "More than one bravo for gifted late cellist Strauss: Du Pre's recording of 'Don Quixote' is a happy accident". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2018. Consultado o 25 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wilson, Elizabeth A. M. (1999). Jacqueline du Pré: Her Life, Her Music, Her Legend. Londres: Faber and Faber. ISBN 0-571-20017-6.
- Easton, Carol (2000). Jacqueline du Pré: A Biography. Cambridge: Da Capo Press. ISBN 0-306-80976-1.
- Du Pré, Piers; du Pré, Hilary (1997). A Genius in the Family: An Intimate Memoir of Jacqueline du Pré. Londres: Sinclair-Stevenson. ISBN 1-85619-753-0.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jacqueline du Pré |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biography on "Cellist.nl" Database Arquivado 28 de setembro de 2011 en Wayback Machine.